lunes, 19 de agosto de 2013

Lendas Galegas

Galicia e unha terra onde habitan home e mulleres de carne e óso pero tamén tamén existe outra Galicia habitada por seres máxicos que bulen arrededor de nos, nun mundo fantastico.
Nesta entrada imos relatar algúns dos mitos ou lendas máis coñecidas desta terra máxica.

1.- Lenda da Torre de Hércules.

Houbo unha vez un xigante chamado Gerión moy forte, cruel e poderoso. Obligaba os seus subditos a entregarlle a metade dos seus bens incluso os seus fillos. Chegou a aquelas terras Hércules e mandaron un mensaxeiro para pedirlle axuda. Hércules aceptou a demanda e retou o xigante a loitar con el. Ao cabo dunha gran pelexa Hércules matouno. Sobre o seu corpo levantou un gran túmulo que coroou cun gran facho, Logo fixo poblar unha vila preto do lugar e mandou que se escribiran os nomes dos que viñeran a poblala. A primeira persoa que chegou foi unha muller de nombre Cruña polo que  Hércules decidíu chamarlle así a cidade, así naceu a Coruña.


2.- San Andrés de Teixido.

En Cedeira está o santuario de San Andrés de Teixido. San Andrés, que vía como á tumba de Sant Yago iban grandes pelegrinacións mentres que a del ninguén a visitaba, paseaba melancólico a sua soidades.
Un dia encontrouse con noso Señor que viña a visitalo é este lle preguntou:
-> ¿Cómo é que estás tan triste?
O que San Andrés respondeu:
-> ¡Ay meu Señor! A pesar de que eu tamén fago milagros como Santiago ninguén se acerca por estas paraxes e o meu santuario esta baleiro.
O Señor mirouno e sonriu:
-> Ti non has de ser menos que Santiago, Prométoche que todo o mundo pasará a lo menos unha vez na vida polo teu santuario.
-> Moitos grazas Señor, pero ¿Cómo será posibel?.
-> Porque todo aquel que en vida non viña, tendrá que pasar por aquí despois de morto.
Por iso ninguén molesta os animais que andan polos sendeiros do santuario, porque di a lenda que eles son os que levan as almas dos que non peregrinaron en vida.


3.- Lenda da Costa da Morte

A Costa da Morte é un lugar de mariñeiros intrépidos de profundas e ancestrais tradicións, de supersticions e lendas mas que a Morte é a protagonista. Lendas transmitidas de pais a fillos, entre susurros, nas largas noites de invernos, cando os temporais impiden a os barcos sair a faenar.

Existen diversas teorías sobre ese tétrico nome. Algúns creen que se debe á forza do mar contra 
estas abruptas costas que non teñen piedade nin cos barcos nin cos homes. O fondo de esas aguas en un enorme camposanto, un cemiterio para centos de mariñeiros.

Entre todolas lendas a mais famosa remontase a epocas decoñecidas.
A lenda conta que más noites de temporal e debido a poica visibilidade candos as chuvias tempestuosas ou as brumas impedian os navegantes avistar a costa, pequenos grupos de paisanos acudian cos seus bois a pasealos polos límites dos cabos. Nos cornos dos animais colgaban fachos acesos que simulaban, co andar dos animais, o balanceo das luces doutras embarcacións navegando. Os patróns dos barcos o confundir a luz destes coas doutras embarcacións que navegaban máis a terra e a mallor resgardo da tempestade, optaba por seguilo, atrosimandose eles tamén a terra, caendo nunha trampa mortal, e precipitandose cara os escollos. En poucos minutos o barco estaba perdido, aproveitando entón a turba de paisanos para saquealo e se fose preciso asasinar aos atemorizados naufragos.
Outras versións contan que os piratas provocaban o afundimento dos buques e que esperaban nas praias interiores a que o mar se encargase de transportar ata a beira o ansiado botín.



4.- Ferreiro de Castrelos.

Había unha vez en Castrelos un ferreiro que deixara pasar a sua mocidade sen darse conta da existencia das mulleres. Chegando a vello deulle por namorarse nunha moza nova moi fermosa que era cotizada por todolos mozos da zona. Como o ferreiro era rico puido o final facerse dono na  rapaza. Ainda así os mozos da vila non se rendiron e lograron acedarlle a vida.
O vello tapiou todolas ventas e encerrouna dentro da casa, pero a muller moi debota e despois de moito chorrar conseguíu que o ferreiro a deixara ir a misa. A igrexa estaba a carón da ferreria, e a porta desta daba a porta sur da igrexa; así o ferreiro podia ollar a sua muller na misa. Ainda así a muller non estaba tranquila nin na casa de Deus xa que os ollos do seu dono feriana con dudidas noxentas.
Unha mañan una meiga moi coñecida en todo Castrelos, achegouse ó ferreiro e deleitouno cunhas ferintes verbas:
- Por moitas voltas que lle deas ti as morrer antes que ela, e a túa muller casará..... casará cun rapaz que sei eu.
Naquel intre a muller, de xeonxos na Igrexa,  pedialle paciencia a Santa María. O vello ferreiro fitouna e sentiu que se lle subía o sange a cabeza. Enloquecido colleu un ferro, meteuno no lume... Os folgos da ferreria traballaron de firme e o ferro pusoxe de contado o roxo vivo.
O ferreiro colleu o ferro candente e dirixiuse cara a igrexa, disposto a desfacer, diante de Deus mesmo, a fermosura da sua muller.
E Deus, non quiso que o ferreiro desfixera a sua mellor obra, polo que cando o ferreiro ia entrar na igrexa a porta sur desta tapiose cunha parede de pedra.

O milagre foi sonado na época e aínda hoxe a porta sur da igrexa segue tapiada.

5.- O ciprianillo e os tesouros dos mouros..

O ciprianillo é o nome que lle derón a un libro máxico. Compoñente de moitas outras lendas este libro según, a mitos, conten na sua primeira parte un resumo de lugares e ritos para atopar os tesouros que os mouros agocharon en Galicia. O mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais que habitaron a penunsula ibérica. Era considerados pagans non bautizados. Os homes eran escuros e normalmente deformes, as mulleres eran fermosas feiticeiras rubias de tez branca, ainda que nalgúns mitos describense coa apariencia de vellas bruxas e meigas.
Na segunda parte o ciprianillo contén conxuros para espantar o demo, curar posesións, adiviñar o futuro y outros tipos de conxuros como filtros de amor (ou desamor),.....

Conta a lenda que cando os mouros foron expulsados polos cristiáns esconderon tódolos seus tesouros baixo terra, pero deixando nota do lugar exacto coa esperanza de vir recuperalos algún día. Estas localizacións, foron recollidas no ciprianillo e parece ser que foron seguidas por moita xente que perdeu todo o seu capital o ata o xuizo na sua busca. Estes buscadores de tesouros recibiron o nome de ciprianillos ou ciprianistas. Isto tamén fixo que moitas mámoas e castros foron destruidos na procura dos lendarios tesouros. Moitos deles foron destruidos baixo o mando do licenciado Pedro Vázquez de Orxás, baixo licenza da coroa española, claro exemplo da crenza popular nos tesouros.

No ciprianillo contase como Vitor Siderol, un labrego de París, vendeu a sua alma e a dos seus futuros fillos o demo a cambio de coñecer o futuro é dispoñer de riqueza abondo pra vivir. O demo entregoulle unha relación de 174 sitios en Galicia onde podía atopar ouro, prata e moedas dos romanos o dos mouros, pero non lle dixo o conxuro necesario para acceder a eses tesouros ata que estivese alí. O labrego colleu o camiño de Santiago acompañando doutros peregrinos franceses ata chegar o Val da Limia. En Abadives (Trasmiras), o demo permitiulle entrar nunha cova chea de moedas de ouro das que colleu un caixón e así, rico, casou en Damil. Finalmente a muller levouno a un crego o para que o desencantaxe e así poder vivir felices con seus fillos.
Algún dos tesouros agochados que se poder atopar grazas o ciprianillo son:
Nas encrucilladas de Lobios, a trinta pasos ó sol nacente, baixo un regato de pouca corrente, quedou unha pia cunha grande cantidade de ouro.
En Lagoares, baixo a ponte entre os pasais de pedra hay un tinteiro de prata maciza
No outeiro de Fraga atoparás unha canga de bois feito de ouro e adornado con xoias.
No Pico da Portela, nun foxo estreito, 243 maravedís de ouro labrados en Toledo.

Ainda que ahí lendas que sitúan o libro en diversos mosteiros e mesmo nunha sección secreta na biblioteca de Santiago, non hay ningunha proba feacente de que este exista ou existise algunha vez.




6.- A laguna de Doniños

A lenda conta que nunha vila, no concello de Serantes, existíu una vila chamala Doniños habitada por pagans excepto unha parella que tiñan a sua casa lonxe da vila.
Un día o noso Señor, disfrazado de peregrino, pasou por alí pedindo aloxamento. Botárono de alí. Sen embargo, a parella invitouno a pasar a noite na sua cabana, derenllé os mellores mansares o mesmo deixaronno durmir na sua cama.
O espertar, a maña seguiente, viron que o peregrino desaparecera.
O home foi o traballo e polo camiño escoitou como a sua dona chamabao o gritos urxentemente.
O chegar xunto ela, esta dixolle que non o chamara.
Nese momento escoitoise un gran estoupido. De repende toda a vila quedou sumerxida por un gran torrente de auga. Así quedou mergullada a vila de Doniños.


7.- A raiña Loba

Contan que, na provincia de Ourense, viviu unha poderosa muller, tan cruel e soberbia, que era chamada polos campesiños do seu señorío, "a raiña loba".  
Raiña Loba
Para a sua manutención e a dos seus achegados, (tan despiadados coma ela misma), obrigaba os seus súbditos a entregarlle, cada día, unha vaca, un porco e unha carreta chea de outros alimentos.
As familias campesiñas alternábanse nesta entrega de vituallas, por medo os servos da Loba, que arrasaban e incendiaban casas e colleitas, asasinaban a todos os habitantes das aldeas nas que algunha familia se tivese negado a entregar o que se lles reclamaba.
Neste clima de terror vivía a bisbarra enteira, cando lle chegou a quenda de entregar os alimentos ao pobo (vila) de Figueirós. Os seus veciños reuníronse en asamblea, e decidiron non pagar o tributo que os arruinaba.
Pero dicir non pagaremos, non era suficiente, porque a raiña mandaría contra eles ás suas hostes, e serían perseguidos e asasinados.
Decidiron que entre morrer de fame o nas mans dos sicarios da Loba, mellor era morrer combatendo contra ela, así que se armaron o mellor que puideron.

Fixeron lanzas e xavelinas, arcos e frechas, tomaron pedras e garrotes, e na escuridade da noite, puxéronse en marcha cara o castelo da malvada muller.
A Loba e os seus secuaces, durmían, fiados no terror que infundian na bisbarra, descoidando a vixilancia. Nunca ninguén se atrevera a desafiar o seu poder, nin contaban con que tal coisa puidese suceder.
Sixiloxamente, os veciños de Figueiros, treparon murallas e abriron portas sorprendendo aos sicarios o a mesma Loba.

Un breve, pero encarnizado combate, deu a vitoria aos paisanos, que se lanzaron escaleiras arriba en busca da sua opresora. A Loba, refuxiárase na torre máis alta, pero ningunha porta era abondo para conter os decididos asaltantes.
Cando viu caer a sua última defensa ante o pulo dos seus inimigos e non querendo someterse aos que ela consideraba os seus escravos a Loba correu cara á ventá e botouse ao baleiro, morrendo sobre as rochas.

Coa sua morte, remotou o suplicio dos habitantes da bisbarra, que recordaron durante séculos, en romances e cancións, o valor dos veciños de Figueirós.


8.- A Santa Compaña.

Unha das lendas mais famosas de Galicia  e a da Santa Compaña.
A Santa compaña e una comitíva de mortos en pena precedida por un vivo. O vivo que precede a procesión  porta entre as suas mans unha cruz e máis un caldeiro con auga bendita; tras él van as ánimas con cirios acesos, non sempre visíbeis. A sua presenza faise notoria no cheiro a cera queimada e no vento que se erge o seu paso.
A persoa viva pode tratarse dun home ou dunha muller dependendo se o patrón da parroquia é santo ou santa. O portador da cruz non pode en ningún momento volve-la cabeza nin renunciar aos seus cargos o frente da comitiva. Só será ceibado cando atope a outra persoa polo camiño a quen lle pasar a cruz e o caldeiro, momento no que pasará a sustituilo.
Para zafarse da sustitución, hay varias maneiras. Por exemplo a persoa que vexa pasar a Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e deitarse boca abaixo sen mirrarlle a cara a ningún espíritu ainda que corre o risco de morrer esmagado pola comitiva se pasa por riba del. Ou abri-los brazos en forma de cruz e pronucialo nome de Xesús Cristo no momento de endoxa-la cruz e/ou responder "Cruz teño". Leva-las mans ocupadas con algo, como por exemplo unha pedra ou un pau. tamén serve trazar unha cruz no chan ou o risco de Salomón.  
Mentras a persoa que leva a cruz vólvese cada vez mais branco e vai adelgazando a cada paso que dá, ata que consegue darlle o caldeiro o outro.
É comunmente aceptado que a santa compaña bota medo, xa que é considerada como sinal de morte, debido a que a Compaña visita as casas nas que axiña habera un pasamento.
Malia que na maioría dos casos a Santa Compaña reaiza a suas aparicións de noite tamén coñecense casos nos que houbo saídas diurnas. Neste tema hay moitas discrepancias, algúns contan que aparece todos os días a mesma hora e outros dín que non.  


Referencias:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Mouro_(mitolox%C3%ADa)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ciprianillo